A Rede Museística Provincial de Lugo, en colaboración co Concello de Xove, abre desde este martes até finais de agosto, a Exposición “Amar a mar. Mariñas, Marosas e Maruxainas”, na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove, en horario de 11:00 a 14:00 (excepto os luns, que pecha).
Na exposición pode contemplarse unha visión en feminino do mar e dos traballos mariñeiros, ademais de ser unha homenaxe a toda a comarca da Mariña. Unha muller representando a cada Concello da Mariña. Un rostro e unhas mans que, nalgún momento da vida, desempeñaron algún labor relacionado co mar. Imaxes, historia e tradición dende hoxe, na sala de exposicións da Oficina de Información Turística.